A estrea de María Solinha de Ignacio Vilar chegará a 12 concellos da provincia de Lugo

O ciclo de proxeccións ao aire libre comezará o luns na Pobra de Brollón e chegará ata outros 11 concellos durante os meses de xullo e agosto

A área de Cultura da Deputación de Lugo  levará a estrea do filme “María Solinha”, dirixida por Ignacio Vilar, a 12 concellos da provincia.

“Queremos axudar aos creadores galegos a chegar ao máximo público posíbel, pois na distribución enfróntanse a dous grandes retos: as dificultades para entrar nos circuítos comerciais e a falta de cines na maior parte dos concellos de Lugo. Con esta iniciativa apostamos pola cultura máis alá das cidades levando a estrea aos pequenos concellos da provincia” explicou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Maite Ferreiro.

Xa están confirmadas 10 datas para as proxeccións, que se farán ao aire libre, en espazos exteriores con asentos ubicados para asegurar a distancia interpersoal requerida para a protección da saúde colectiva.

A primeira proxección,o vindeiro luns, 20 de xullo, a Pobra do Brollón, e mais na prevista para luns, 3 de agosto, en Barreiros, serán  premiers coa presenza do director, Ignacio Vilar, e as dúas actrices protagonistas: Grial Montes e Laura Míguez.

O filme conta coa participación do músico sarriao Abraham Cupeiro, compositor da banda sonora, gravada no estudo Abrigueiro en Friol. A Deputación apoia a promoción e exhibición da película na provincia cunha colaboración de 4.500 euros.

Calendario de estrea:

– 20 de xullo: A Pobra do Brollón: Premier coa presenza do director, Ignacio Vilar, e as actrices Grial Montes e Laura Míguez.

– 21 de xullo: O Corgo.

– 27 de xullo: Meira.

– 28 de xullo: Vilalba.

– 3 de agosto: Barreiros:  Premier coa presenza do director, Ignacio Vilar, e as actrices Grial Montes e Laura Míguez.

– 4 de agosto: Guitiriz.

– 11 de agosto: Becerreá.

– 17 de agosto: Monterroso.

– 18 de agosto: O Valadouro.

– 25 de agosto: Outeiro de Rei.

Queda por concretar a data doutras dúas proxeccións previstas na Fonsagrada e en Xove.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.