A Marea de Noia considera «excesivo» o custe político que se produciría «se sae adiante a proposta de dedicación exclusiva de Santiago Freire»

O alcalde de Noia, Santiago Freire, someterá ao pleno unha proposta de dedicación exclusiva para a alcaldía de 46.536,00€ anuais, ao que hai que sumar o gasto en seguridade social, polo que o custe ascenderá a 65.000€ anuais

SEIS DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS

Con esta proposta o goberno noiés contará con catro dedicacións exclusivas do grupo de goberno, cuio gasto ascende a 171.860 euros. A esta cantidade debemos sumar as dúas persoas de persoal de confianza, cuio custe ascende a 68.000 euros, polo que o gasto só en soldos e salarios do goberno municipal ronda os 240.000 euros.

COMISIÓNS E PLENOS

O goberno noiés reúnese nunha media de tres veces ao mes, nunha comisión á que acuden os membros do goberno municipal, cun custe mensual de 3.000 euros, polo que o incremento só nesta comisión é de 36.000 euros.

A esta cantidade hai que asumar a asistencia a plenos, que supón un gasto de 10.000 euros para as arcas municipais, só cos concelleiros do grupo de goberno. Tamén se debe sumar o custe da xunta de voceiros, comisións informativas e xuntas de goberno, o que suman un total de 15.000 euros.

GASTO TOTAL SÓ DO GOBERNO

Se sumamos soldos, seguridade social, comisións e penos o custe do grupo de goberno ascende a 300.000 euros.

Dende a Marea aclaran que este custe é o máis elevado da historia do Concello de Noia, coincide xustamente co goberno “ máis inoperante” da democracia. Dende a Marea destacan que o goberno segue sen afrontar temas fundamentais para a vila de Noia e en todas as áreas de goberno hai problemas de xestión.

Critican a estratexia de Santiago Freire de deixar pasar as eleccións e consideran que non é o momento de aumentar o gasto político do Concello de Noia.

Lembran que non se puido poñer en marcha axudas a empresas afectadas pola COVID 19 debido á mala situación económica do Concello. Tamén lle lembran que o Concello tivo que pedir un crédito para poder facer frente aos problemas de liquidez no mes de abril e que o Concello se atopa nun Plan de Axuste Financieiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.