A música encherá os sábados as rúas de Santa Cristina, Santa Cruz e Mera

O programa Música na rúa regresa un ano máis ás localidades máis turísticas de Oleiros. O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera

Os concertos celebraranse as noites dos sábados durante os meses de xullo (de 20:30 a 22:30) e agosto (de 20:00 a 22:00). Participarán diferentes grupos de estilos moi variados que darán ambiente ás terrazas con música jazz, salsa, blues, rumba, pop, flamenco…

Este programa apoia a imaxe de Oleiros como un destino atractivo, distinto e de calidade para gozar do verán. En total haberá 33 actuacións para atraer clientela ás terrazas e favorecer a actividade da hostalería.

Este sábado comezan as actuacións cos concertos de #Dosenpunto no Porto de Santa Cruz (zona do Preludio), Limonta Eventos Santa Cristina (zona Tremenda), As Lens tamén en Santa Cristina (La Encina) e La 5ªta máquina en Mera (praza do Arxentino).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

seis − dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.