A nova camiseta do #Dépor 20/21 un homenaxe á nosa terra

Un ano máis, coincidindo coa celebración do Día de Galicia, como desde 2015, presentamos a camiseta coa que homenaxeamos á terra á que representamos: Galicia 20·21.

Após dúas campañas nas que o himno galego compuña a franxa da bandeira da comunidade, este ano un brochazo sobre a tea branca con detalles prata, recrea o principal elemento de identidade da peza. A gran novidade é que, por primeira vez, esa banda tamén se reproduce en todas as costas da camiseta, percorréndoa baixo o nome, número e a aplicación do patrocinio de ABANCA.

O mesmo brochazo no pescozo, baixo un Forza Dépor, constitúe outro dos detalles da camiseta que leva o escudo do Club en monocroma negro e completa un conxunto de pantalón branco e medias brancas con detalles azuis, como nas últimas campañas.

Galicia 20·21 únese á colección de camisetas Espírito’95, coas que se conmemoran os 25 anos do primeiro título da historia do fútbol galego, a Copa do Rei de 1995.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.