A Ría da Estrela asina un convenio de promoción co Joaquín Vieta que asegurará saídas semanais do Balandro durante todo o mes de agosto

Travesías regulares e con saída asegurada durante todo o mes de agosto para o Joaquin Vieta, o veleiro máis antigo de Galicia. Con este obxectivo principal a Ría da Estrela ven de asinar un convenio coa asociación Balandro Joaquín Vieta para patrocinar a embarcación que percorre a ría de Muros-Noia

Esta mañá a presidenta da Rías da Estrela, Teresa Villaverde, e o presidente da Asociación Balandro Joaquín Vieta, Pedro María Arufe, acompañados polo alcalde de Outes Manuel González formalizaron este convenio entre ambas entidades. O importe corresponde a anualidade de 2020 pero no ánimo de ambas partes está que a colaboración se poida prorrogar no tempo, xa que ambas entidades converxen en ámbito de actuación e interese pola promoción do turismo industrial da ría Muros-Noia.

Neste sentido, a presidenta da Ría da Estrela destacou que o balandro se convirte no vehículo ideal para a promoción e difusión da enorme riqueza patrimonial e do turismo industrial da ría de Muros-Noia. “O Joaquín Vieta nos permitirá  potenciar  a Ría de Muros-Noia como destino náutico e de turismo industrial de primeiro nivel”, afirmou Teresa Villaverde.

Raid de Turismo Industrial

O balandro fará un dos roteiros creados no marco do Raid de Turismo Industrial da Ría de Muros-Noia, un producto turístico creado o ano pasado pola Ría da Estrela e que permite aos visitantes achegarse á historia da industria conserveira e da carpintería de Ribeira, unha actividade que carácter tradicional e familiar hoxe considerada Ben de Interese Cultural na que traballaron os máis importantes carpinteros e constructores de barcos de madeira de Galicia.

Calendario de saídas e seguridade anti COVID

Precisamente o Joaquín Vieta é unha das xoias que saíron deste obradoiros artesanais, principalmente situados no Porto do Freixo, desde onde parte o roteiro no que os visitantes poderán coñecer tamén a historia das fábricas de salazón, as lonxas e os portos de Portosín e Muros.

A partir do 31 de xullo o Joaquín Vieta fará un total de 15 saídas durante o mes de agosto, nos días  1, 2, 7, 8, 9, 14, 15, 16, 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de agosto puidendo transportar a un máximo de doce viaxeiros por travesía, atendendo tanto á seguridade a bordo coma ao estrito cumprimento das prescricións de seguridade fronte á COVID19 postas en marcha pola Ría da Estrela como Destino Seguro.

Tres roteiros

O Raid de Turismo Industrial da Ría da Estrela foi lanzado en 2019 con tres roteiros. O primeiro deles será o que se asume o Joaquín Vieta, con saída e chegada ao Porto do Freixo. Os outros dous son unha ruta dende a Central hidroeléctrica do Tambre ata o Porto do Freixo que se pode descender en lancha e outra polo esteiro do Tambre con partida e regreso no porto do Freixo. Ambos os tres nos permiten coñecer non só zonas de especial protección natural e paisaxística dun territorio tan rico como o dos concellos de Muros, Noia e Outes senon unha zona de enorme riqueza en turismo industrial que nos falan da historia máis recente desta ría.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.