A rúa Seixo Branco de Oleiros permanecerá cortada de luns a mércores

Durante os días 3, 4 e 5 de agosto permanecerá cortado o tráfico na rúa Seixo Branco. De 08:00 a 20:00 horas non estará permitido acceder nin saír dos garaxes, nin tampouco estacionar ao longo da rúa

Este corte débese aos traballos de pavimentación que está a realizar o Concello de Oleiros. O investimento nesta actuación é de 132.686,93 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.