A veciñanza de Culleredo esixe acceso electrónico ao orzamento municipal

Un grupo de veciños de Culleredo piden acceder ao documento de orzamentos municipais para 2020, aprobados hai uns días en pleno, e que se faciliten os medios electrónicos necesarios para garantilo e que a situación de pandemia non sirva de desculpa para menoscabar ese dereito dos cidadáns.
Os orzamentos municipais foron aprobados inicialmente o pasado día 22 de xullo e, trala súa publicación no BOP o día 24, ábrese o prazo legal para que a cidadanía presente as reclamacións que considere, dentro dos 15 días hábiles posteriores.  A documentación queda exposta no servizo de Economía e Facenda municipal neste período, mais os tempos de pandemia que vivimos esixen unha rápida adaptación das institucións aos medios dixitais, para que as restricións sanitarias non impidan o exercicio da cidadanía e que canta persoa o desexe poida reclamar en tempo e forma.
A petición está apoiada por varias ducias de persoas, que coas súas sinaturas, solicitan que se “habilite a solución electrónica más eficaz para que toda a cidadanía poida consultar por medios telemáticos a aprobación inicial do Orzamento Xeral”, que ademais propón que sexa tomada como definitiva para exercicios posteriores.

Tamén se solicita un novo prazo para as reclamacións que comece a contar desde a nova publicación da documentación orzamentaria xa por medios electrónicos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

17 − diez =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.