A Xunta achega preto de 224.000 euros para apoiar seis proxectos empresariais na provincia de Lugo a través do programa ‘Galicia Emprende’

As empresas están situadas en Lugo, Chantada e Samos e os proxectos  fomentarán a creación ou mantemento de dez postos de traballo

A Xunta concedeu ao abeiro da última edición do programa Galicia Emprende, da que se vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da segunda convocatoria, axudas por importe de 223.700 euros para apoiar seis proxectos empresariais de emprendedores e autónomos na provincia de Lugo.

As iniciativas reciben apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e supoñen a mobilización de 766.000 euros de investimento. A súa posta en marcha permitirá crear seis postos de traballo e o mantemento doutros catro.

Tres das empresas están situadas na capital luguesa, dúas en Chantada e unha en Samos. Entre elas figura un centro de día para persoas maiores, un centro deportivo para a práctica de pádel e outro relacionado co coidado da saúde e o benestar, un comercio, un establecemento de hostalería e un aloxamento turístico. Dúas das iniciativas resultaron beneficiarias da primeira convocatoria resolta neste ano e catro aprobáronse na segunda (ambas corresponden á orde de axudas do 2019).

O programa Galicia Emprende busca estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma e potenciar o mantemento e creación de emprego.

A través del, a Xunta concede axudas para apoiar a creación de novas empresas ou para a consolidación de compañías nos primeiros 42 meses de funcionamento. Compleméntase coa iniciativa Galicia Rural Emprende, deseñada para promover a diversificación e creación de novas empresas non agrícolas no ámbito rural.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.