A Xunta dota aos seus campamentos xuvenís da provincia de Lugo cunha partida de 50.000 unidades de protección contra o coronavirus

O Goberno galego tamén envía esta semana 77.400 unidades a residencias, vivendas tuteladas e centros de día de entidades de iniciativa social

A Xunta de Galicia distribuíu 50.000 unidades de protección contra o coronavirus nas sete instalacións da provincia de Lugo que acollerán os campamentos xuvenís da Consellería de Política Social a partir da vindeira semana. En concreto, achegou unha primeira partida de 48.300 máscaras -7.320 de tamaño infantil-, 800 guantes e 500 botes de hidroxel e desinfectante, para a seguridade de traballadores e usuarios dos campamentos de Portomarín, Viveiro, Ribadeo, Palas de Rei, Carballedo, Quiroga e Lugo.

Ao mesmo tempo, está a realizar outra entrega de 77.400 unidades entre 75 residencias, vivendas tuteladas e centros de días de entidades de iniciativa social da provincia, tanto de xestión pública como privada; entre este material figuran 38.800 máscaras, 152 batas e mandís, e 900 gorros e calzas.

Deste xeito, as unidades facilitadas a este tipo de centros dende o inicio da crise sanitaria    ascenden a 1.099.600, das que 539.400 son máscaras e 493.500 guantes. Fixéronse   quince repartos que chegaron a todos os centros asistenciais da provincia que constan no rexistro autonómico.

Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria por mor do coronavirus.

Con esta medida, a Administración galega pretende garantir a axeitada protección dos profesionais que traballan nestes centros coidando aos colectivos máis vulnerables ao contaxio por coronavirus.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.