Adega organiza unha visita á Olaría de Bonxe e unha andaina ás barreiras de San Lourenzo

Poñendo punto e final ás xornadas ambientais de verán “Os catro elementos” o vindeiro domingo 26 de xullo, tócalle á TERRA, cunha visita á Olaría de Bonxe e andaina ás barreiras de San Lourenzo

O punto de partida será ás 10.30h dende a Olaría, e camiñando chegaremos ata ás barreiras de San Lourenzo, a uns 3 Kms. Coñeceremos da man de Hixinio Flores, ás barreiras de San Lourenzo, de onde quitaban a materia prima da que foi a actividade principal de Bonxe durante moito tempo.

Na volta visitaremos o interior da olaría, esta vez Pepa Lombao explicaranos o proceso de transformación do barro en pezas facilmente identificables ao seu lugar de orixe.
Para participar na visita é preciso reservar praza chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal, indicando nome apelidos, e teléfono de contacto. As prazas son limitadas a 15 persoas. A actividade é de balde.

Para evitar a propagación da COVID19 é necesario o uso de máscara e dispoñeremos de xel hidroalcólico para a entrada da olaría.

Con esta actividade ponse punto e final ás xornadas, coas que quixemos recoñecer os elementos da natureza, baseándonos na observación e o seu aproveitamento dende o principio da sustentabilidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.