Ampliación do horario de atención para emitir certificados de empadroamento en Lugo

As solicitudes deberán realizarse solicitando cita previa no 010

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou da ampliación do horario de atención para a emisión de certificados de empadroamento a partir do vindeiro luns. Segundo Cristina López, “debido ao gran número de solicitudes, para continuar a reducir ao máximo os tempos de espera, decidimos habilitar dous postos en horario de tarde”.

Cristina López afirmou que “houbo unha resposta máis que satisfactoria ao alto número de solicitudes presentadas” e agradeceu “o esforzo e implicación do persoal do departamento”. “Os distintos trámites administrativos realcionados coa crise da COVID-19 incrementaron considerablemente o número de solicitudes de certificados”, afirmou Cristina López, que explicou “os certificados fóronse expedindo a medida que  foron entrando as solicitudes, e entregáronse en función da capacidade do departamento”.

Cristina López lembrou que “se puxo en marcha un procedemento especial para atender telematicamente as solicitudes e evitar tanto desprazamentos de veciños e veciñas como acumulación de persoas nas dependencias municipais”. A edil de Participación afirmou que “realizamos esta ampliación do servizo para facilitar ao máximo a atención á veciñanza e continuar a reducir ao máximo os tempos de espera”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.