Ana Rubinos apoia as reivindicacións dos veciños de Becerreá nas melloras da estrada LU-636

A Voceira lembrou que o Grupo Socialista leva pelexando dende todas as institucións nas que ten representación, tanto na Deputación, Parlamento de Galicia e por suposto no Concello, para demandar ao PP as melloras deste vial que transcorre polo noso Concello

A Voceira Socialista de Becerreá, Ana Isabel Rubinos Bolaño reafirma o seu compromiso coas demandas das veciñas e veciños da vila en relación a petición do arranxo da LU-636, que transcorre por Becerreá a Sarria.

Rubinos lembrou que o Grupo Socialista leva pelexando dende todas as institucións nas que ten representación, tanto na Deputación, Parlamento de Galicia e por suposto no Concello, para demandar ao PP as melloras deste vial que transcorre polo noso Concello.

Así as cousas a Voceira lembrou que o Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, defendeu unha iniciativa na Comisión de Obras Públicas o pasado 15 de xaneiro, que foi aprobada por unanimidade, coa que reclamou mellorar a seguridade nesta estrada autonómica. Nesta proposta instouse ao Goberno de Feijóo mellorar as deficiencias do vial, así como a sinalización da estrada de 30 quilómetros que une Sarria e Becerreá.

Dende a Deputación de Lugo, “o Grupo Socialista tamén impulsou outra proposta, que foi aprobada no pleno do pasado 24 de setembro 2019, coa que se acordou instar á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta a acometer melloras que garantan a seguridade na estrada LU-636, xa que é o acceso natural á A-6 para moitos veciños de Sarria e que é un auténtico perigo no seu estado actual”.

Emendas aos orzamentos

Por iso dende a “Agrupación Socialista de Becerreá vamos a estar sempre a carón dos veciños e veciñas nas súas reclamacións. E quero lembrar tamén presentamos emendas aos orzamentos da Xunta para o arranxo integral deste vial, pero sempre atopamos a negativa de Feijóo e do PP. Neste asunto como en moitos outros, ao PP non esta nin se lle espera”, insistiu.

Rubinos emprazou á veciñanza “a que sigan loitando polas causas xustas que merece o concellos, como unhas boas vías de comunicación, melloras nas dotacións sociais, na educación ou na sanidade porque nesta folla de ruta sempre atoparán ao seu carón á Agrupación Socialista de Becerreá”, resumiu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.