Antón Gómez Reino conecta coa Galicia exterior nas Conversas co candidato

O encontro emítese en directo este xoves 9 as 22:00 horas na canle de YouTube e nas redes sociais do candidato como peche ao ciclo de Conversas con Antón

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez Reino, conectará mañá xoves 9 ás 22:00 horas coa Galicia exterior dentro do ciclo de encontros virtuais, en aberto e sen filtros Conversas con Antón.

Será nunha xuntanza telemática referenciada na comunidade galega en Arxentina, a mais numerosa e senlleira entre as que se contan Xeito Novo, Betanzos y Centro Cultural Campustellae, pero pensada para todas as galegas e os galegos que residen lonxe da terra e que nos queiran trasladar as súas consideracións e inquedanzas sobre as dificultades de participar no proceso electoral, as preguntas sobre as nosas propostas e programa, as curiosidades e comparacións entre formas de vida e sistemas e afondar nun mellor coñecemento do candidato.

Esta conversa nas redes forma parte do ciclo Conversas con Antón, con #FalaConAntón, que vimos emitindo cada noite as 22:00 en directo a través da nosa canle de YouTube Galicia en Común-Anova Mareas e nas redes sociais do candidato https://www.facebook.com/AGomezReino.

Antón Gómez Reino estará novamente esta noite, mércores 8, ás 22:00 horas en directo, logo dunha intensa xornada con dous actos en Vigo na Coruña, o primeiro con Alberto Garzón e o segundo con Pablo Iglesias, para respostar ao vivo e sen cortapisas desde a súa casa da Coruña.

O ciclo de Conversas con Antón #FalaConAntón está a ser unha fórmula dinámica para levar a política, e mesmo a campaña, dun xeito ben diferente ás casa das galegas e dos galegos cada noite, con moita participación, interese e boa acollida, tal e como quedou de manifesto no encontro que mantiña onte a noite coa Ministra de Traballo e deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz.

Ambos conversaron de xeito distendido dos avances na protección social e o escudo despregado e prorrogado polo Goberno do Estado durante pandemia, subida do SMI, Renda Mínima Vital, protección aos traballadores do mar e outras tantas cuestións como exemplo do que pode e debe ser o futuro Goberno da Xunta con Galicia en Común dentro e que podedes ver novamente aquí: https://www.youtube.com/watch?v=Dv_inZSCXjM&t=11s

A idea desta iniciativa e desencorsetar a campaña electoral, e achegar a política ao vivo as galegas e aos galegos, que vivan onde vivan, poidan trasladar as súas propostas e consideracións ou mesmo as discrepancias, directamente ao candidato para coñecer, de primeira man, a súa opinión e ter unha resposta concreta.

De aí, que o candidato estea novamente está noite, a partires das 22:oo horas  a disposición de todas e todos cantos se queiran conectar e, tamén, xoves 9, a mesma hora, con mirada posta nos galegos e galegas do exterior, como broche final ao ciclo de Conversas con Antón antes do peche da campaña, que será o venres 10 en Compostela.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *