Antón Gómez Reino conversa esta noite en aberto coa Ministra de Traballo

A Ministra de Traballo e o candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta respostarán en directo ás preguntas e inquedanzas

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez Reino, e a Ministra de Traballo e deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz, manterán esta noite un encontro nas redes retransmitido por streaming e aberto sen filtros á participación de todas aquelas persoas que lles queiran achegar en directo as súas preguntas, inquedanzas e reflexións.

Esta conversa nas redes forma parte do ciclo Conversas con Antón, con #FalaConAntón, que iniciara o expresidente de Bolivia, Evo Morales, e no que tomará parte, este mércores 8, tamén a presentadora galega Paula Vázquez, comprometida coas cuestións do país.

A idea desta iniciativa e desencorsetar a campaña electoral, e achegar a política ao vivo as galegas e aos galegos, que vivan onde vivan, poidan trasladar as súas propostas e consideracións ou mesmo as discrepancias, directamente ao candidato para coñecer, de primeira man, a súa opinión e ter unha resposta concreta.

Na noite deste luns, e desde a súa casa da Coruña, Gómez Reino mantiña un encontro que se alongaba algo mais dunha hora con todas as persoas que se quixeron conectar en directo para seguir a conversa na que se misturaron as cuestións persoais, como a admiración pola música de Ennio Morricone e a paixón pola montaña e a auga, tanto nos ríos como no Atlántico, de aí os chapuzóns do candidato buscando un pequeno refresco nas infinitas e quilométricas xornadas de campaña por todo o país.

Tamén houbo tempo para as reflexións sobre a actualidade política máis urxente ante a cita do 12X e outras cuestións de fondo sobre a necesidade de apostar claramente pola investigación galega, co compromiso de elevar o investimento anual en Galicia até “o que equivale a 17 quiómetros de autoestrada”.

Abordouse, a preguntas das e dos participantes, a necesidade de reforzar as relacións e aproveitar a simbiose entre Galicia e o Norte de Portugal, apostar decididamente por medios de transporte públicos e alternativos ao coche particular, a situación da mocidade nun exilio cuasi forzoso e a proposta de decálogo “aos compañeiros e compañeiras do BNG e do PSdeG” para “rematar con este decenio en branco e negro na corrupción, estafas e recortes de Feijoo” e abrir ás portas “da Galicia que ven”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.