“Antonio Lizana Trío” e “Fantasía coas palabras” pecharán este domingo en Narón o “Verde que te quero verde”

O programa municipal “Verde que te quero verde”, impulsado a través do Padroado da Cultura de Narón, rematará esta fin de semana, o domingo 26, cos dous espectáculos programados na rúa Mariña Española, na Solaina

A partir das 12.30 horas dará comezo esta cita musical, que nesta ocasión correrá a cargo de “Antonio Lizana Trío” e “Fantasía coas palabras”.

“Antonio Lizana Trío” compón, escribe, canta e toca o saxo, amenizando os seus concertos coa tradición flamenca combinada coa vangarda do jazz. Acompañado polos seus músicos formou unha das agrupacións máis recoñecidas a nivel estatal e este domingo as veciñas e veciños que se acheguen á rúa Mariña Española poderán gozar cos seus temas.

Actuarán tamén na última cita de “Verde que te quero verde” María Faltrí e Jorge Juncal, cunha serie de composicións para público infantil e familiar, un repertorio resultado dun traballo, “Fantasía coas palabras” no que se festexan cancións cargadas de ritmo e fantasía.

A cuarta edición do programa “Verde que te quero verde”, organizado para levar as propostas culturais a espazos públicos da cidade, iniciouse o pasado 5 de xullo. Dende entón, cada domingo deste mes sucedéronse dous espectáculos musicais dirixidos a público familiar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.