Anunciadas as novas datas dos espectáculos adiados pola crise en Lugo

O portal entradaslugo.es volve ter á venta as entradas non vendidas para os espectáculos, garantindo a distancia de seguridade durante a realización dos mesmos

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou as novas datas para os espectáculos organizados pola área de Cultura que foron adiados debido á crise sanitaria do COVID-19. Arroxo lembrou que “a XX edición da Mostra de Teatro Clásico, xunto coas actividades da programación do primeiro semestre que se ían realizar a partir do 12 de marzo, tiveron que suspenderse co inicio da pandemia”.

Arroxo afirmou que desde a área de Cultura se contactará coas persoas que adquiriran entradas mediante correo electrónico, informándoas das novas datas e do proceso a seguir para solicitar a devolución das mesmas. Segundo Rubén Arroxo, “as entradas xa adquiridas serán válidas para as novas datas”. Ademais, segundo informou Arroxo, “puxéronse á venta no portal de venta de entradas do Concello de Lugo as entradas aínda dispoñibles para os espectáculos, de xeito que as persoas interesadas poidan asistir”.

A área de Cultura garantirá o cumprimento das medidas ditadas polas autoridades sanitarias para o desenvolvemento destas actividades de maneira segura.

Novas datas da XX Mostra de Teatro Clásico

6 setembro 20,30h Todas hieren y una mata de Ay Teatro.

8 setembro 18:30h Y los sueños, sueños son de Tropos Teatro.

10 setembro 20,30h Casa o Rei de Ibuprofeno Teatro.

13 setembro 20,30h Entre bobos anda el juego de CNTC e Noviembre.

15 setembro 18,30h Lázaro de Tormes de Pedras de Cartón.

16 setembro 20,30h Ricardo III de Kamikaze producciones.

Novas datas para a programación cultural adiada do 1º semestre

18 outubro 18,30h Falar por falar de Volta e dalle teatro.

25 outubro 18,30h Celebraré mi muerte de joan Fernández.

1 novembro 18,30h Pínconús de Pínconús teatro.

6 novembro 20,30h Leira de Nova galega de Danza.

8 novembro 18,30h O mellor dos 4 elementos de Pepe Vaamonde Grupo.

13 novembro 20,30h As vacacións máis longas de Diego M. Buceta.

15 novembro 18,30h Mai mai de Baobab Teatro.

22 novembro 18,30h A furia necesaria de Aldaolado.

29 novembro 20,30h Crónicas do Paraíso de Sarabela Teatro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.