Aprobadas as bases para as axudas de material escolar libros de texto deste ano en Lugo

“Trataremos de abrir o prazo de solicitude o antes posíbel, seguindo o traballo que iniciamos no pasado curso para acelerar os tempos do procedemento”, afirmou Felipe Rivas

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou que a Xunta de Goberno celebrada hoxe aprobou as bases das axudas para libros de texto e material escolar para familias con escasos recursos no segundo ciclo de educación infantil para o curso 2020-2021. Felipe Rivas lembrou que “as actuacións en materia de educación son competencia da Xunta de Galiza”, e engadiu que “estamos a realizar un importante esforzo económico para que as familias con baixos recursos poidan contar con estas axudas, mais traballaremos tamén en que a Xunta asuma as competencias que lle son propias”.

Felipe Rivas informou que dende a concellería de Educación se repartirán un total de 40.000€ en axudas individuais de 100€ a persoas que estean empadroadas en Lugo, para investir nas librerías do concello en libros de texto e material escolar para os alumnos e alumnas matriculadas en centros sostidos con fondos públicos. As axudas adxudicaranse aos solicitantes cuxa renda familiar non supere 0.66 veces o IPREM, sendo o único criterio a contía da renda de menor a maior. No caso de non cubrirse todas as solicitudes, continuaranse adxudicando ás beneficiarias cuxa renda familiar anual non supere  0.80 veces o IPREM.

“Malia a situación de incertidume actual, desde a Concellería de Educación continuamos a traballar, seguindo a liña iniciada no pasado ano, para que estas axudas se tramiten da maneira máis áxil posíbel”, afirmou Felipe Rivas, que criticou que “mentres o concello trata de adaptarse á nova situación dentro dunhas competencias moi limitadas , a Xunta de Galiza non amplía os recursos en educación para garantir, por exemplo, o cumprimento da distancia de seguridade entre persoas”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.