Arbo licita a obra de ensanche e mellora do camiño Urzal –Cividade

As actuacións propostas consisten na mellora e ampliación da pavimentación e mellora do Camiño de Urzal-Cividade 2ª FASE

O Concello de Arbo, licita a traves da plataforma de contratación as obras de Ensanche Mellora do camiño de Urzal – Cividade 2ªFase”. As obras incluídas neste proxecto consisten no ensanche e a mellora dun tramo do camiño existente no lugar de  Urzal na parroquia de Barcela e do que xa se executou o ano pasado a primeira fase deste proxecto

O importe do contrato ascendería á cantidade de 90.978,94 € (IVE do 21% incluído que ascende a 15.789,73 €) e conta coa subvención da Deputación provincial de Pontevedra.

O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. Unha das súas prioridades e mellorar a seguridade viaria en todas as súas estradas, executando ensanches e mellorar o trazado nos tramos mais perigosos.

Dada a amplía superficie do concello, e o gran numero de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado, sendo necesaria proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado.

“Coas actuacións previstas pretendese mellorar o servizo que ofrece para os usuarios o camiño Urzal –Cividade, obxecto da obra, pois é un camiño utilizado, tanto por vehículos como por peóns, prevéndose a súa mellora e pavimentación, ao atoparse en mal estado, e así dar continuidade ao mellorado nunha primeira fase”, informa o rexedor do Concello Horacio Gil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diez + veinte =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.