Arbo mellorará o parque infantil de Barcela e colocará mobiliario no casco urbano

O concello ten a necesidade de dotar de mobiliario urbano no Casco urbano e unha balaustrada no parque infantil no Punto de Atención a Infancia

O Concello de Arbo,  detectou a necesidade de mobiliario urbano para mellora do servizo o cidadán e a calidade do mesmo.

Detectouse a necesidade de colocar unha nova balaustrada no Punto de Atención a Infancia (PAI) para a mellora da seguridade e das prestacións aos usuarios do parque infantil e colocación de  xardineiras para ubicar no Casco Urbano para delimitar as zonas peatonais.

Ante esta  necesidade de contratar o proxecto “Subministro de Material para colocar en distintos puntos do Concello en Parque PAI Barcela e zonas Públicas Casco Urbano, o Concello de Arbo solicitou subvención que foi  concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos – Plan de obras e Servizos (Plan Concellos) 2020, dentro da Liña 1 – Subministración

Coa execución das actuacións contempladas no presente proxecto preténdese acadar un múltiple obxectivo mellorar o servizo o cidada e a calidade do mesmo e mellorar a seguridade no parque infantil  e buscase manter a imaxen e a conservación do patrimonio municipal e dotar de servizo adecuados as intalacións existentes, no caso do Parque Infantil dotase de balaustrada polo perigo que supon para os nenos e nenas que fan uso do citado parque – informa o alcalde de Arbo Horacio Gil, que remata “a seguridade dos veciños e veciñas de Arbo, é a prioridade deste goberno dende a súa chegada ao Concello de Arbo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 × 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.