Arbo realiza melloras no parque empresarial

O Concello de Arbo recibe unha subvención da Conselleria de Economía, Emprego e Industria para melloras no Parque Empresarial de  Arbo en Barcela

Co fin de colaborar no desenrrolo económico e social de Arbo e facilitar unha ubicación ordenada das actividades económicas,  proxectase a creación dun Parque Empresarial no municipio. Para o desarrolo desta iniciativa, o I.G.V.S e o Concello de Arbo asinaban un convenio de colaboración no ano 1999.

Na primeira fase é preciso realizar unha serie de melloras das infraestruturas existentes, para evitar a súa absolencia, co obxetivo de conseguir a mellora competitiva do solo empresarial, como elemento dinamizador da economía e do emprego local.

Actualmente as beirarúas atópanse en mal estado, polo que é preciso a súa reparación. Realizarase o saneo nas zonas máis deterioradas, a demolición dos tramos en asfalto, e extendido dunha solera de formigon nas zonas nas que se carece da mesma e o extendido dunha capa de slurry coloreado.

O orzamento das obras ascenden a 27.687,20€.-.Para acometer estas obras o Concello de Arbo, recibe unha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria – Dirección Xeral de Enerxía e Minas  con data 2 de xullo de 2020 ao abeiro da orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á  habilitación e mellora de infraestruturas dos parques Empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.