Autismo Galicia elabora unha guía accesible para facilitar os procesos de Eleccións Autonómicas

A guía será facilitada aos espazos electorais, e pódese acceder a ela para a súa consulta e descarga desde a web da Federación Autismo Galicia: www.autismogalicia.org

A guía será facilitada aos espazos electorais, e pódese acceder a ela para a súa consulta e descarga desde a web da Federación Autismo Galicia: www.autismogalicia.org

A Federación Autismo Galicia, no seu labor por conseguir unha contorna accesible para todos e todas, elaborou a guía: “ Eleccións Autonómicas  do 12 de  Xullo”.

É unha guía práctica, clara, sinxela, adaptada e apoiada con  pictogramas, cuxo obxectivo é facilitar a comprensión da información a aquelas persoas que se benefician de apoios visuais.

No caso das persoas con  TEA, unha área de especial dificultade é o procesamento da información que vén da contorna social e a interacción con outras persoas.

A elaboración desta guía, xorde da necesidade de adaptar tanto o procedemento para votar, como os espazos electorais, para os cales achegamos sinalización para realizar a súa impresión e colocar nos centros electorais para que toda a cidadanía poida exercer con plenitude o seu dereito ao voto, seguindo o artigo 21 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

PAUTAS DE PREVENCIÓN DO  COVID

Debido ás circunstancias do presente ano, provocadas polo COVID-19, a guía de accesibilidade cognitiva para as próximas eleccións autonómicas, vai acompañada de dous documentos con “Pautas de Prevención para evitar o contaxio por  COVID-19”, referentes tanto ao voto por correo como ao voto presencial.

ACCESIBILIDADE COGNITIVA:

A accesibilidade cognitiva abarca todas aquelas estratexias que axudan a que as persoas que presentan necesidades derivadas de procesos cognitivos diferentes poidan acceder á información e procesala para utilizala na súa adaptación ao medio.

Para iso, é importante levar a cabo unha mellora da sinalización dos espazos e a secuencia de acción a realizar en cada un deles, como se propón na guía  descargable para estas eleccións.

Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) – Conxunto amplo de condicións que afectan ao neurodesenvolvemento e ao funcionamento do sistema nervioso, dando lugar a dificultades de comunicación e interacción social, así como na flexibilidade do pensamento e da conducta. A súa prevaleza é de 1 caso cada 100 nacementos. Se considera que hai más de 450.000 persoas con TEA en España, pero carecemos de datos exactos dado que non existen rexistros de poboación con diagnóstico a ningún nivel (estatal ou autonómico)

Federación Autismo Galicia – Entidade de ámbito autonómico que representa a 16 asociacións do terceiro social promovidas por familiares de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

9 − uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.