Con máis de 600 persoas celebrou a Matria Galega embaixada. gal

Máis de 600 persoas acudiron á chamada de embaixada. gal, a plataforma internacional da diáspora galega, para crear o cartel conmemorativo do Día de Galicia. Baixo o lema ” Galiza somos tod@ s en calquera parte do mundo” e con máis de 600 fotografías de galegas e galegos repartidos polo planeta e amantes de Galicia, Alejandra Praza e Xosé Lois Lucio, elaboraron a bandeira galega para felicitar o día da Materia 2020. Desde a rede social Facebook, levan todo o mes traballando ao redor deste día e os seguidores puideron gozar de diversos vídeos con relatos da emigración, música, arte ou experiencias relacionadas con Galicia e o sentir galego.

“Seguiremos subindo material durante o verán porque tivemos que ir seleccionando todo aquel que recibimos. Estamos encantados coa acollida que reciben os nosos traballos e queremos dar as grazas a todos os participantes pola súa colaboración. É un orgullo e unha satisfacción seguir tecendo redes e atopar a tanto galego e galega polo mundo, tanto de nacemento como de acollida” declaraba Alejandra Praza
Ademais do cartel tan participativo recompilaron as mellores imaxes fotográficas de Galicia e, así, grazas ao traballo fotográfico de marabillosos embaixadores como Maensa Fotografía, a incrible voz de Andrea Pousa e o encanto de Enrique Domínguez, Bruxo Queiman, os amantes de Galicia poderán gozar, coñecer e deleitarse cos encantos e o abanico de propostas que a terra onde ninguén sente forasteiro ofrece.
” É un auténtico pracer contar coa amizade e a profesionalidade de Lucio, de Andrea, de kike e de Maensa. Traballar con eles nunca é traballo, é unha reunión de amigos de onde xorden grandes cousas como esta postal conmemorativa e esta viaxe de ilusión pola nosa terra de case dez minutos. Convido a todo o mundo a que entre no Facebook de embaixada. gal e goce deste precioso vídeo” aclarou Alejandra Praza/.
Un proxecto finaliza e outro comeza. A embaixada. gal aválalle o éxito dos seus traballos e, aínda que xa están inmersos no seguinte, sempre están dispoñibles para colaboracións e axudar a quen o necesite. Así, colaboraron nas actividades celebradas o 25 de xullo por RegaUk e Galegos en Corentena.
Embaixada. gal converteuse no referente para seguir polo novo asociacionismo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.