Concello A Coruña fomenta unha alimentación saudable entre a cativada

A concelleira de Innovación, Eva Acón, participa na presentación do conto Oxalante-Oxaleiro dentro das actividade de verán organizadas pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor, OMIC

A concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Acón, participou esta mañá na presentación do conto Oxalante-Oxaleiro do escritor Antonio M. Fraga, con ilustracións de Antonio Seijas, en que un grupo de nenas e nenos de entre 4 e 10 anos lle fixeron unha chea de preguntas sobre alimentación. A iniciativa forma parte das actividades de verán que organiza a OMIC no centro de emprego dos Rosales.

A concelleira animou a cativada a comer de maneira sa, e salientou o contido do conto, pensado para rapazas e rapaces entre 7 e 11 anos, e a súa importancia de cara á formación en consumo responsable xa que o “conto traballa dun xeito lúdico e divertido a educación neste campo e resulta un instrumento moi útil e para desenvolver hábitos de vida saudable”, dixo.

Para Acón é necesario “inculcar o consumo responsable na cativada e ensinarlles a importancia de comer ben como unha maneira de coidar o medio ambiente e os recursos naturais, e os contos como Oxalante-Oxaleiro resultan un recurso esencial no proceso de formación”.

O conto fomenta ademais a lectura e ensina a traballar a relación cos nosos maiores e a comunicación entre diferentes xeracións. Tras a presentación, as nenas e nenos regaláronlles unha pulseira coa pirámide da alimentación á concelleira, ao autor que leu un conto novo e ao ilustrador que fixo uns debuxos durante a lectura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.