Cs Lugo propón a baixada inmediata do IBI e do IAE “para aliviar a economía das empresas afectadas pola declaración do estado de alarma”

 voceira municipal, Olga Louzao, anunciou que o seu grupo propoñerá no pleno do xoves unha bonificación para executar este mismo ano 2020 do IBI do 30 % para as actividades comerciais e hostaleiras e ata un 30% do IAE as empresas con menos de 10 traballadores  

A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, anuncio esta mañá que o seu grupo propoñerá no pleno do próximo xoves día 30 implementar medidas de alivio fiscal para apoiar a difícil situación que vive o tecido produtivo lucense. «Os sectores económicos prexudicados pola crise do COVID-19 están a soportar importantes perdas, tendo en conta que a recuperación da súa actividade non será inmediata, polo que precisan de medidas que a favorezan. Propoñemos ao pleno modificar a Ordenanza Fiscal 203 do Imposto sobre Bens Inmobles para fixar unha bonificación do 30%  para as actividades comerciais e de hostalería da nosa cidade. Así mesmo apostamos por cambiar o Imposto sobre Actividades Económicas para establecer unha bonificación do 25%, que se incrementará nun 30% para aqueles sectores económicos con menos de 10 traballadores» sinalou a concelleira da formación laranxa.

Esta medida promovida por Cs Lugo pretende paliar os efectos negativos que, con motivo da aplicación das medidas excepcionais adoptadas no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, se están a producir en sectores económicos que desenvolven a súa actividade  no ámbito do concello de Lugo. «Desde o noso grupo, propoñemos que esta bonificación sexa de aplicación no exercicio 2020, o que plantexa o problema, como se dixo na Mesa de Traballo das Ordenanzas Fiscais, da retroactividade da mesma. En relación a este asunto, e para tratar de argumentar a nosa proposta de dar eficacia retroactiva, facemos referencia á Sentencia do Tribunal Supremo de 19 de decembro de 2011, que recolle a xurisprudencia en relación a esta materia.

A xurisprudencia existente aporta seguridade xurídica

Louzao referiuse a seguridade xurídica que aporta a xurisprudencia existente e que permitiu xa a outros concellos do estado, como o de Madrid, aplicala. «Devandita sentenza recolle a posibilidade de que, sempre que non se contradiga un mandato legal e se respecten os principios constitucionais, as Ordenanzas Fiscais teñan carácter retroactivo, aínda que a Lei non o autorice expresamente. Trátase dun documento moi claro que remata co mito establecido que as baixadas de impostos extraordinario nos se poiden abordar de xeito inmediato», dixo a voceira.

«Pode defenderse a retroactividade das ordenanzas fiscais nestes casos ao existir unha esixencia cualificada do interese xeral na aplicación retroactiva da mesma, como é paliar as gravísimas consecuencias que para os sectores económicos da cidade está a producir e producirá a adopción das medidas tomadas ante a crise sanitaria sen precedentes creada pola propagación do COVID-19, de tal xeito que os beneficios fiscais pola mesma a un exercicio fiscal futuro e non ao presente faría perder en gran medida a finalidade buscada pola mesma. É neceario actuar rápido. A ciudadanía así o demanda. Non valen excusas» concluíu Louzao.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.