Deputación de Lugo e Avifauna asinan un convenio para impulsar actividades de educación ambiental no centro de interpretación

O Presidente asinou un convenio coa entidade para favorecer iniciativas que lle dean a coñecer á sociedade o parque que o colectivo ten en Outeiro de Rei, con máis de 200 especies diferentes de aves

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da asociación centro de interpretación Avifauna, Antonio Ibáñez Burgo, asinaron un convenio de colaboración a través do que a institución provincial achega 40.000€ para impulsar actividades e contribuír ao funcionamento do Parque Zoolóxico Ornitolóxico que xestiona o colectivo en Outeiro de Rei. No acto de firma do acordo, que tivo lugar na Sala de Xuntas, tamén participou o Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo.

O obxectivo desta axuda é a realización de actividades relativas á difusión, fomento e formación en materia de espazos naturais e fauna, o estudo, conservación e mantemento de especies en catividade e o funcionamento xeral do parque zoolóxico Avifauna.

Tomé Roca explicou que unha das accións que se desenvolven grazas a este convenio é permitir o acceso gratuíto ás instalacións dos menores de 14 anos que residen na provincia. O Presidente destacou o importante traballo que o colectivo realiza para protexer e conservar as aves, “un aspecto que valoramos á hora de asinar este convenio porque sabemos que son unha fonte relevante de sabedoría e de boas prácticas nas que debemos fixarnos o conxunto da cidadanía”.

Avifauna alberga máis de 200 especies diferentes de aves, repartidas actualmente nunha extensión de preto de 30.000 m². O Parque Zoolóxico está deseñado para a realización de visitas guiadas mediante un percorrido a través dun xardín botánico no que os participantes poden observar a riqueza e variedade de aves dos 5 continentes, en 76 recintos en función da especie á que pertencen. No centro préstase unha atención especial á fauna autóctona e tamén a aquelas especies que, polo seu estado de conservación, se atopan en programas específicos de recuperación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.