Discrepancias co xeito en como Fomento está pintando a N-VI en Cortiñán

O ministerio de Fomento está xerando un malestar evidente entre os veciños sen necesidade algunha. Todo por agarrarse a un criterio que só esta administración aplica”

“Cando críamos que Fomento ía corrixir (por fin) o absurdo   galimatías de carrís que creara en Cortiñán atopámonos conque -se ben é certo que rectificou en grande medida aquel despropósito- vén de crear outro problema, co conseguinte malestar entre a veciñanza da zona. Fomento empéñase en pintar liñas continuas nas entradas de vivendas e negocios, alegando que dita liña é rebasable e ninguén será sancionado por facelo. Por outra parte, o feito de teren suprimido un dos carrís de subida (dirección Coruña) xerou algunha zona que podería ser aproveitada para estacionamento, na beira da estrada. Pois ven, en troques de facilitar que se aparque en algún deses novos espazos o que fixeron é delimitalas tamén con liñas continuas. É dicir, delimitan unha “zona morta” que non vai servir absolutamente para nada. Co conseguinte prexuízo para varias vivendas e algún negocio” declaran dende AVV.

“Xa cando o fixeron en Guísamo, hai uns meses, o concelleiro de Infraestruturas do goberno bergondés, Juan Fariña, pediu aclaracións respecto do pintado de liñas continuas e non discontinuas nas entradas de vivendas e negocios. Xa daquela se transmitiu a mesma explicación que agora se fai extensiva a Raxás e Cortiñán. Con independencia de que a liña sexa rebasable e presuntamente ninguén poida ser sancionado por facelo, preguntámonos o seguinte”:

– Por que se adopta un criterio desta índole, baseándose no feito de que tanto Guísamo coma Cortiñán, sen estar cualificadas coma travesías urbanas, cando en realidade, e de facto, si o son?

– Que necesidade hai de alimentar a controversia e os temores a ser sancionados da xente que ten os negocios e vivendas a pé de estrada?

– Tanto Xunta de Galicia como Deputación de A Coruña pintan doutro xeito as liñas laterais das súas estradas, sinalizando convenientemente os accesos a vivendas e negocios nas súas. Por que teríamos que crer máis na idoneidade do que se decide a centos de quilómetros de aquí, con un claro afán unificador e sen ter en contra as nosas especificidades de dispersión da poboación por riba do que deciden outros organismos máis próximos e coñecedores da nosa realidade poboacional?

“Moito nos tememos que Fomento non vai rectificar, cando menos en anos. Mais sentímonos na necesidade de deixar patente o noso profundo descontento con esta actuación” laméntanse dende a formación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.