Esquerda Unida: “O resultado nas eleccións autonómicas pecha un ciclo electoral en Galicia”

Esquerda Unida reuniu este fin de semana a súa Coordinadora Nacional, máximo órgano de dirección entre asembleas, para unha valoración dos resultados electorais das eleccións autonómicas

“Os resultados electorais deste 12 de xullo sitúan a Galicia nunha nova maioría absoluta do Partido Popular que tras anos de recortes en materias tan fundamentais como a sanidade, a educación os servizos sociais continuará de seguro coa senda da precariedade social”.

“O resultado obtido pola coalición de Galicia en Común-Anova Mareas, da que Esquerda Unida forma parte, é un resultado desastroso que pon de manifesto que a ferramenta construída desde o esforzo colectivo non resultou suficiente para converterse nunha alternativa política en Galicia”.

“Tras máis de 8 anos construíndo alianzas que foron capaces de mudar a realidade política do país coa irrupción de Alternativa Galega de Esquerdas, Esquerda Unida ten traballado e demostrado con xenerosidade e compromiso políticos a vontade de construír desde a esquerda espazos colectivos capaces de transformar a sociedade”.

“O camiño da unidade non muda e seguirá sendo un piar fundamental e irrenunciable da organización, pero os resultados deste 12 de xullo, marca o peche deste ciclo político en Galicia e a organización abre un proceso de análise e reflexión fonda que debe darse no marco da XIII Asemblea Nacional onde se decidirá a liña política de Esquerda Unida para o futuro”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.