Francisco Cacharro Gosende será o novo coordinador xeral do Concello de Ourense

A Concellería de Recursos Humanos resolveu que a mellor candidatura para ostentar o cargo de coordinador xeral do Concello de Ourense é a de Francisco Cacharro. Actual secretario da Deputación provincial, Cacharro Gosende incorporarase ao equipo municipal esta mesma semana, logo de que unha xunta de goberno local extraordinaria ratifique o seu nomeamento.

O candidato posúe “grandes coñecementos xurídicos e amplo coñecemento da administración local”, afirma o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, “así como un grande criterio político”, asegura. Entre as súas obrigas estará a de “engrenar como corresponde a maquinaria do Concello”, di o rexedor.

O alcalde asegura que Cacharro Gosende ocupará unha vacante sen cubrir no Concello de Ourense, que é a de coordinador xeral creada en 2013 polo goberno bipartito, “en ningún caso se están creando unha praza nova”, asegura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.