Gómez Reino: “A partir do 13 de xullo faremos que as escolas infantís de 0 a 3 anos sexan públicas e gratuítas” (Vídeo)

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, acudiu hoxe ás portas da escola infantil de San Roque, pertencente á rede “Galiña Azul” para dar conta dalgunhas das medidas da coalición en materia educativa de cara ao 12 de xullo.
Antón Gómez Reino sinalou que “o noso modelo é completamente oposto ao que o PP de Feijóo impulsou nos últimos once anos nos que quixo desmantelar a educación pública, privatizala e desgaleguizala aumentando o financiamento dos centros privados”.

Dende Galicia en Común-Anova Mareas proponse “a gratuidade do ensino como garante da igualdade de oportunidades”, incluíndo as escolas infantís de 0 a 3 anos no sistema educativo para facelas públicas e gratuítas de xeito progresivo, “non só para o segundo fillo ou filla senón para todas”. Entre outras medidas inclúese a “gratuidade dos libros de texto, dos comedores escolares de provisión directa e un sistema de bolsas e axudas adaptado á realidade no país e que opere como un verdadeiro mecanismo de compensación social”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.