Gonzalo Caballero sinala a importancia de ir votar para decidir o futuro de Galicia

O candidato socialista chamou a “votar en liberdade” e “con todos os mecanismos de seguridade” durante a xornada de reflexión, na que estivo en Ponteareas con parte da súa familia

Gonzalo Caballero, chamou  a “unha participación masiva” este domingo, posto que así “afrontaremos do xeito máis adecuado o futuro da Galicia que queremos”

Logo dunha campaña “en positivo”, o líder dos socialistas galegos acudiu hoxe, na xornada de reflexión, á súa Ponteareas natal para estar con seus pais. Mañá acudirá a votar a Vigo, a súa cidade, ás 10 da mañá.

Ao respecto das eleccións, Gonzalo Caballero sinalou que “este domingo xogámonos o futuro da Galicia que queremos” e por iso animou a toda a cidadanía a “votar en liberdade” e “cumprindo con todos os mecanismos de seguridade sanitaria”.

“O dereito ao voto é fundamental para construír unha Galicia mellor e para saír desta crise sen que ninguén quede atrás”, indicou, consciente do “poder do voto para decidir o futuro do país”.

Deste xeito apelou a que “ninguén quede na casa” este domingo. “Ademais de falar ou de queixarnos cando algo non nos gusta, o voto é o mecanismo para decidir que queremos”, concluíu Gonzalo Caballero.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.