Jaime de Olano: «A falta de compromiso do Goberno de Pedro Sánchez para salvar Alcoa-San Cibrao é total»

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, mantivo esta mañá unha reunión en Viveiro con afiliados que exerceron como apoderados e interventores do partido nas pasadas eleccións autonómicas. Xunto con Candia, interviñeron neste acto o vicesecretario do Partido Popular Jaime de Olano (deputado nacional), e o portavoz municipal en Viveiro, Óscar Rodríguez. Todos eles expresaron o seu agradecemento aos asistentes polo traballo realizado e destacaron o magnífico resultado conseguido nas pasadas eleccións, nas que o PP en Lugo pasou de 8 a 9 deputados e conseguiu máis do 50% dos votos
Os populares acusan ao Goberno de mentir continuamente aos traballadores e a todos os lucenses, co único fin de gañar tempo
O PP destaca que os representantes dos traballadores tiveron que encadearse na Subdelegación do Goberno para que fose convocada a mesa multilateral
Para o PP, xa está claro o fracaso do Bloque que xustificou o seu apoio a Pedro Sánchez para salvar a Alcoa e non logrou nada
Elena Candia expresou que o compromiso dos populares cos lucenses segue sendo traballar pola solución dos problemas que lles preocupan, e facelo dicindo a verdade e facendo xestión.