Máis Mera que nunca, máis ilusión que nunca

A traiñeira do Centro Deportivo Mariñeiro de Mera comeza este sábado en Boiro a súa tereceira tempada consecutiva na máxima categoría do remo galego. O equipo meracho, formado prácticamente na súa totalidade por remeiros da casa, afronta coa máxima ilusión o difícil reto de acadar a permanencia para continuar vogando coas mellores tripulacións de Galicia.

A tripulación meracha sufriu unha importante renovación de remeiros para esta campaña. O club realizou unha firme aposta pola canteira, incorporando a varios rapaces procedentes das categorías inferiores, ademais de recuperar a importantes remeiros que non formaron parte do equipo da pasada campaña.
Dado o profundo cambio do equipo e a inexperiencia da tripulación, sería un logro maiúsculo acadar a salvación. Para evitar o descenso á Liga B, Mera tería que evitar a última posición. En caso de ocupar esa décima praza xogaríase a categoría nun play off contra o segundo e o terceiro clasificado da Liga B.oj
As primeiras regatas puntuables dispútanse esta fin de semana: o sábado a partir das 18 horas en Cabo de Cruz e o domingo ás 12 horas en Vilaxoán.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.