María Ramallo mantén unha reunión co presidente do Club de Opinión Portocelo co fin de retomar as relacións de colaboración

Entre os asuntos tratados estiveron a volta dos Circuítos Culturais promovidos dentro da área cultural do club así como a petición de actuacións musicais na Barriada da Cañota, encadradas dentro do Plan Cultural Municipal

Coa chegada da nova normalidade e co fin de retomar as relacións coas asociacións culturais de Marín, a alcaldesa, María Ramallo, mantivo unha reunión co presidente do Club de Opinión Portecelo, Angel García Carragal.

Dentro do tratado na reunión informouse por parte do presidente do club que se retomarán os Circuítos Culturais, que organiza a entidade dentro da súa área cultural. Así, recuperarase a visita guiada ao Pazo de Meirás no mes de setembro, que foi suspendida en maio por mor da crise sanitaria.

Outro dos temas a tratar foi o relacionado cos premios “Facendo Historia” (Marinenses do Ano), organizados por ‘Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín’ que se celebrarán como é habitual no mes de novembro.

Por último, e pola súa condición de presidente da asociación “A Cañota na Memoria”, García Carragal aproveitou esta reunión coa alcaldesa para solicitar unha actuación musical na barriada, que se emplazaría para setembro co gallo da conmemoración da Virxe do Porto.

Tanto o Concello como a asociación incidiron en que todas as actividades que se vaian programando celebraranse respectando todas as normas de seguridade e hixiene necesarias vixentes en cada momento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.