Medio Ambiente elabora o plan de segas para cumprir co ENIL da Torre de Hércules

Co fin de cumprir este plan, só se segarán camiños, accesos e zonas de descanso na contorna, atendendo exclusivamente a criterios ecolóxicos, sincronizado cos ciclos naturais das especies que alí viven e crían

A contorna da Torre de Hécules foi declarada hai uns meses, de maneira provisional, Espazo Natural de Interese Local – ENIL- (Orden do 27 de decembro de 2019, publicada no DOG núm. 7 o 20 de xaneiro deste ano).

O persoal técnico do Servizo de Medio Ambiente do Concello da Coruña monitoriza e define as directrices de mantemento ecolóxico deste espazo. Así, na actualidade está a elaborar o Plan de conservación desta contorna que determinará os usos e as actividades que se poden desenvolver nela e que son compatibles coa protección dos seus valores naturais para o desfrute da cidadanía respectando a natureza.

Un dos aspectos máis salientables deste novo escenario legal consiste nunha intervención adaptada aos ciclos naturais das especies que alí viven e crían. Nesta liña, elaborouse un documento de xestión das segas con criterios ecolóxicos. As devanditas segas terán lugar antes das choivas, en setembro.

Como é habitual cos plans e estudos que se fan desde o Servizo de Medio Ambiente, o documento ponse á disposición pública. Desde esta área municipal sinalan que “calquera suxerencia sobre o plan será moi benvida” e que a veciñanza pode remitir as súas aportacións a través do enderezo electrónico medioambiente@coruna.es.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.