Na vindeira semana comezará o pintado da sinalización horizontal de Lugo

Rubén Arroxo: “O pintado realizarase aplicando as últimas modificacións da ordenanza de circulación, modificando os pasos de peóns para evitar resbalóns”

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou que na vindeira semana comezará a realizarse o pintado da sinalización horizontal da cidade. Arroxo afirmou que “despois dunha longa tramitación e do parón producido pola pandemia, chegou o momento de executar unha das solicitudes que máis nos realizou a veciñanza desde que chegamos ao goberno”.

Rubén Arroxo lembrou que se levarán a cabo as modificacións no pintado contempladas na última revisión da ordenanza de circulación. Nos pasos de peóns non regulados por semáforo, elimínase unha das liñas para evitar resbalóns de motos e bicicletas, mentres que os que conten con semáforos pasarán a ter pintado só o contorno mediante dúas liñas discontínuas nos seus límites. Arroxo lembrou que “esta modificación xa se realizou nos pasos de peóns do barrio da Milagrosa, coa adaptación do novo Plan de Tráfico”.

“Adaptarase tamén o pintado das prazas para persoas con mobilidade reducida, aumentando o seu tamaño e reducindo a superficie a pintar para evitar resbalóns, e mellorarase a sinalización en zonas de coexistencia de tráfico e estacionamento”, informou Rubén Arroxo, que engadiu “todas estas modificacións tratan de dar resposta ás solicitudes da veciñanza e adaptar a sinalización das vías aos avances na mobilidade, seguindo o exemplo de outras cidades”.

Rubén Arroxo lembrou que a contratación deste pintado se dividiu en catro lotes “para que toda a cidade fose avanzando de maneira uniforme”. O Tenente de Alcalde lembrou que, en total, a área de Mobilidade e Infraestruturas investirá 505.306,50€, cun prazo total de 4 meses.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.