Narón abrirá o luns o prazo de inscrición nun curso de Prevención de Riscos Laborais nos traballos en altura e nos espazos confinados

O Concello abrirá o vindeiro luns, día 3 de agosto, o prazo de inscrición nun curso de ´Prevención de Riscos Laborais nos traballos en altura e nos espazos confinados´ que se impartirá no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara

Os contidos incluirán formación en sensibilización medioambiental e perspectiva de xénero e tres charlas relacionadas coa empregabilidade no sector naval, a implementación das medidas de prevención e a revisión dos EPIs e o seu mantemento. Ademais realizarase unha visita didáctica. As horas de formación totais serán 28 (16 horas de Prevención de Riscos Laborais e 12 horas de módulos adicionais) e as datas previstas para a súa impartición serán do 17 ao 25 de agosto de 2020 en horario de tarde (15.30 a 19.30 horas) de luns a venres.

A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que haberá un total de 15 prazas, destinadas a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón que non deben ter concedido outro curso do Programa Municipal de Formación coincidente temporalmente na realización.

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no  Rexistro Xeral do Concello de Narón, e se entregarán no 1º andar do concello, entrada pola Praza de Galicia, así mesmo a través da Sede Electrónica, e polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.  O plazo de presentación das solicitudes rematará ás 13.00 horas do día 10 de agosto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

quince + catorce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.