Néstor Rego urxe ao Estado e a Xunta “resolver coa máxima urxencia e axilidade o proxecto de dragado da Ría do Burgo”

O deputado do BNG no Congreso considera que manter a actividade marisqueira na ría é, no entanto, perfectamente compatíbel co inicio dos trámites até que comecen os traballos de limpeza e dragado 

Néstor Rego vén de rexistrar unha iniciativa, en forma de pregunta escrita, para urxir o Goberno do Estado e a Xunta de Galiza a que desbloqueen o enésimo desencontro burocrático, coñecido nos últimos días, que impide o desenvolvemento do proxecto, longamente postergado, de dragado da Ría do Burgo.

O deputado do BNG no Congreso considera que o problema é, máis unha vez, “de falta dunha vontade política real” e que ambas as administracións dispoñen de instrumentos xurídicos na súa man para resolver un problema de trasfondo “meramente burocrático”.

O que si considera grave o BNG é que unha prohibición inmediata de toda actividade extractiva na ría prexudicaría seriamente os intereses dun sector xa de seu moi precarizado. Así, Néstor Rego considera na súa iniciativa que o inicio dos trámites administrativos “é plenamente compatíbel” co mantemento da actividade marisqueira até que comecen os traballos de dragado propiamente ditos.

O que si considera o BNG da máxima urxencia é que se deseñe coa máxima axilidade un plan de cobertura social, dotado con compensacións económicas xustas, que permita o sostemento económico do sector mentres duren os traballos de dragado da ría.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.