Novo reparto de material preventivo contra a COVID-19 nas residencias e centros asistenciais da provincia de Lugo

Esta semana faise un novo envío, o número 18, que neste caso suporá a entrega de 76.500 unidades de protección a 83 centros

A Xunta de Galicia continúa co reparto de material preventivo contra a Covid-19 nas residencias e centros asistenciais da provincia de Lugo. Esta semana realízase o envío número 18, que suporá a entrega de 76.504 unidades de equipos de protección a 83 entidades.

Nesta ocasión subminístranse 37.900 luvas, 36.256 máscaras, 508 botes e garrafas de desinfectante, 1.000 calzas, 500 gorros, 298 batas e 38 pantallas faciais.

Desde o inicio da situación de emerxencia sanitaria, a Administración galega leva repartido 1,3 millóns de unidades de material de protección (en concreto 1.330.930) que chegan a todas as residencias e centros asistenciais da provincia, tanto públicos como privados.

As entidades que reciben estas achegas son centros de maiores, menores, discapacidade, inclusión, igualdade e xuventude existentes nos concellos lugueses. A Administración galega quere contribuír así a que o persoal dos centros máis vulnerables ao contaxio por coronavirus poida traballar de forma segura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.