O BNG esixe a reapertura dos centros de saúde de Parga e Castro de Rei

O BNG defendeu no pleno provincial unha moción de goberno que esixe a reapertura dos centros de saúde de Parga e Castro de Rei, sen atención médica desde o inicio da Covid 19
O voceiro nacionalista, Efrén Castro, acusou ao Partido Popular de aproveitar a pandemia para recortar e precarizar a sanidade pública, especialmente no rural.
O voceiro nacionalista respondeu así a intervención do deputado popular, Francisco Balado, que defendeu a xestión da Xunta de Galiza e asegurou que “os centros de saúde non están pechados, só están sen médicos”:
“Din que o rural se está despoboado pero o que fan é recórtanlle servizos, díganlles vostedes á alguén que vaia vivir a un sitio que ten un centro de saúde aberto sen médicos. Vostedes teñen un modelo de sanidade que é privatizar e recortar”.