O BNG Viveiro insta a actuar na contorna do paseo fluvial do río Landro

No paseo fluvial do río Landro que está incluído na Rede Natura 2000 e na Zona de Especial Conservación (ZEC), existen diferentes puntos de vertido de augas residuais, un deles ubicado na zona do campo da festa de Xunqueira no que ademais se están a acumular plásticos, entre outros residuos, nas xunqueiras e beiras do río

“Tamén se pode observar claramente a expansión de especies foráneas e invasoras, principalemente eucaliptos e cortadeiras selloanas, popularmente coñecidas como “pampas” ou “plumachos”, que están a ser unha clara ameaza para ás árbores autóctonas e a biodiversidade deste espazo de especial conservación”, alerta o BNG de Viveiro.

“Polo exposto rogamos á Sra. Alcaldesa que realice unha mellora medioambiental na contorna do río Landro mediante a localización e eliminación dos puntos de vertido de augas residuais e se proceda, de xeito gradual, á eliminación de especies foráneas por outras autóctonas” declaran dende a formacion nacionalista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.