O Concello de Arbo repartirá manteis individuais entre os restaurantes, cafeterías, bares e casas de turismo rural

O concello de Arbo, distribuíra nos vindeiro  días nos restaurantes, bares, cafeterias e casas de turismo rural  gardamanteis de papel individuais  para promocionar recursos turísticos, o patrimonio e as adegas de Arbo.

O Rio Miño, as Pesqueiras, o Viño e a Lamprea, conforman unha fonte de riqueza gastronómica, cultural e económica para todos os arbenses que no ano 2003 foi institucionalizada ao inaugurarse o Centro de interpretación do viño e a lamprea-ARABO.

A Festa da Lamprea e a Festa de Arbo, un motor na economía , que leva 60 edicións, xa que a lamprea forma parte da vida arbense desde fai séculos, como mostra, a presenza destacada deste peixe no  escudo e na bandeira. É a ensina de identidade máis querida e por esta razón os arbenses adicallen todos os  esforzos para consolidar a Festa da Lamprea como a primeira festa gastronómica de Galicia, a única do mundo na que se pode degustar este manxar posto en valor polas sabias mans dos cociñeiros e cociñeiras de Arbo que con tanta maestría interpretan nas súas diferentes variedades, rechea, seca, afumada, rebozada, asada, guisada con fideos e tirabeques, en empanada… e ata dun xeito propio, a raíña dos nosos fogóns, a recoñecida lamprea ‘á arbense’ e que se pode degustar nos Restaurantes e Casas de Turismo Rural de Arbo.

Estamos a traballar intensamente para o impulso de diversas accións que axuden ao sector turístico,  a mitigar os efectos da crise. Tras as reunións mantidas con este sector na presentación do plan de reactivación, acordouse entre outras medidas, a promoción cara a tempada de lamprea e a festa da Lamprea 2021 e a promoción en conxunto de todas as empresas que conforman o sector turistico de Arbo, informa o alcalde Horacio Gil.

Nas reunións, acordouse, que as campaña en redes e medios de comunicación son necesarios,  para  promocionar Arbo como  destino turístico e os atractivos que o noso Concello pode ofrecer ao visitante,  para manter o seu recordo e posicionamento, e para que Arbo sega sendo o destino que se escolla para comer Lamprea, disfrutar do viño das adegas de Arbo, para practicar deporte de aventura no Rio Miño, participar nas actividades que organizamos o longo do ano ou de pasear polos nosos sendeiros – afirma Horacio Gil

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.