Recoñecemento do Concello de Vilalba ao alumnado do IES Santiago Basanta Silva polos seus bos resultados nas probas da ABAU. (Fotos)

En concreto, estiveron as 15 alumnas e alumnos do centro que se atopan entre os mellores expedientes académicos de Galicia tras as probas da ABAU, onde obtiveron unha puntuación superior ao nove na fase xeral.

As alumnas e alumnos e parte do profesorado foron recibidas pola alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e a concelleira de Cultura e Igualdade, Vanesa Siso, encargadas de trasladarlle en representación do concello a noraboa tanto ao alumnado como ao profesorado.

“É un orgullo para Vilalba ter esta mocidade, que veñen de acadar uns resultados extraordinarios nas probas da ABAU, e tamén unha satisfacción para o noso grupo de goberno ter un ensino público de tanta calidade no noso municipio”, manifestou a alcaldesa, Elba Veleiro.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

veinte − 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.