O Festival Rúa Ext-cénica celébrase esta fin de semana nos xardíns das Torres de Santa Cruz

O Concello de Oleiros organiza esta fin de semana a cuarta edición do Festival de Artes Escénicas de Rúa, tamén coñecido como Rúa Ext-cénica.  Trátase dun festival de promoción e difusión das artes escénicas e musicais ao aire libre con espectáculos para público familiar e para adultos e entrada de balde previa recollida de invitación

Aínda que este festival celébrase en prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do Concello, en atención ás indicacións e medidas de seguridade e hixiene fronte ao COVID-19, todos os espectáculos serán nos xardíns das Torres, en Santa Cruz. O aforo será limitado e será obrigatorio manter distancia de seguridade e asistir con máscara a partir dos 6 anos, así como atender a todas as indicacións e normas da organización.

 

Para acceder será preciso recoller previamente unha invitación, que se repartirán desde unha hora antes do inicio de cada espectáculo, ata completar o aforo establecido. As invitacións para os dous primeiros espectáculos do venres 17 (circo e música infantil) daranse no propio espazo a partir das 18.30 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.