O persoal técnico de incendios forestais preavisa da folga a partir del 1 de agosto

Ante o nulo avance das negociacións dun novo acordo que regule as condicións de traballo do persoal técnico de incendios forestais da consellería do Medio Rural as organizacións sindicais vimos de preavisar no día de hoxe a convocatoria dunha folga legal coas seguintes características

  1. A convocatoria da folga realízase logo do acordo da asamblea de traballadores e das organizacións sindicais, CIG, CCOO, CSIF e UGT, con ámbito na Mesa Xeral de Empregados Públicos da Administración Autonómica de Galicia.
  2. A folga comezará desde as 00 horas do día 1 de agosto de 2020 e terá unha duración indefinida, afectando aos postos de traballo do persoal técnico de incendios forestais da consellería do medio rural (grupos A1 e A2 escalas enxeñeiros técnicos forestais e enxeñeiros de montes).
  3. O obxectivo da folga é que a Administración Autonómica regule as condicións de traballo nun novo acordo coas seguintes características:
  • Aumentar o cadro persoal para garantir os descansos legais establecidos sen afectar negativamente aos servizos públicos de prevención e extinción de incendios forestais e de planificación e ordenación forestal.
  • Redución do horario anual que supera as 2000 horas.
  • Regulación do traballo en fins de semana, festivos, gardas e descansos compensatorios e garantir 15 días de vacacións no verán.
  • Distribución da carga de traballo e maior organización entre a xestión de montes, a prevención e loita contra incendios forestais e a xestión do persoal adscrito aos distritos forestais.
  • Eliminar a dispoñibilidade absoluta dos xefes de distrito e establecer un/ha segundo xefe/a de garda por distrito forestal.
  • Segunda actividade e coeficiente redutor para a xubilación anticipada.
  1. A folga declárase por non teren chegado a resultado satisfactorio as negociacións previas coa Administración.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.