O PP de Lugo intentará que a Deputación abra unha liña de axudas directas ás orquestras da provincia

As limitacións que a crise sanitaria provocada polo coronavirus Covid-19 impón á vida social ten unha moi forte incidencia en moitos sectores da economía lucense. Un dos máis afectados é o das orquestras, pola suspensión de festas e verbenas. As da provincia de Lugo atravesan un momento tal difícil que incluso algunha podería chegar a desaparecer. O PP lucense, presidido por Elena Candia, xa ten manifestada a súa sincera preocupación pola situación na que se atopan estas agrupación musicais. En consecuencia, os populares cren que é preciso establecer algunhas liñas de axudas para as orquestras lucenses. Neste sentido, o grupo provincial popular, que ten por portavoz a Javier Castiñeira, presentará unha iniciativa na Deputación co fin de que este organismo abra una liña de axudas directas a estes colectivos, que en Lugo son máis de vinte e acollen a moitos instrumentistas saídos das escolas de música.

Castiñeira mantivo unha conversa telefónica con Manuel Fariña, presidente da Asociacións de Orquestras de Galicia. Coñecida a situación do sector, o portavoz popular anunciou a presentación dunha iniciativa na Deputación. Sinala que o organismo provincial ten en Cultura partidas para financiar festas que, debido á covid-19, non se celebrarán. Os cartos que non se gasten neste fin, deben ser, segundo indica Castiñeira, convertidos en axudas directas ás orquestras; non tería ningún sentido -di o portavoz popular- que, tendo tantas dificultades as orquestras, os cartos non gastados nas festas pasaran a engrosar o remanente da Deputación.

A preocupación do PP lucense polas orquestras non é nova. En abril do 2019 defendeu e sacou adiante unha moción na Deputación con dous obxectivos: por un lado, que o organismo provincial mostrara  o seu apoio  ao recoñecemento  das festas parroquiais galegas como  Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia na súa categoría de Ben de Interese Cultural. Por outra parte, que a Deputación colaborara coa Asociación Galega de Orquestras e promocionara e divulgara  a recollida  de sinaturas para apoiar a solicitude de que as festas parroquias  galegas sexan recoñecidas como Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia.

A situación das orquestras de Galicia é tan difícil que nos próximos días participarán nunha manifestación en Madrid para solicitar apoio institucional, para poder sobrevivir a crise do sector provocada pola pandemia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.