O PP insta a Tomé a rectificar a súa decisión de non ampliar o ancho de ningunha vía provincial no que queda de mandato

O portavoz popular, Javier Castiñeira, está convencido de que a decisión confirmada por Tomé de non ampliar as estradas provinciais obedece a estratexia de castigar aos concellos pequenos, gobernados polo PP

 A liña de xestión confirmada por Tomé responde tamén á estratexia declarada do BNG de traballar para que desaparezan as deputacións, cuxa misión principal é facilitar máis e mellores servizos aos residentes nos pequenos concellos

No PP recordan que os especialistas coinciden en que a crise sanitaria abre novas oportunidades para a zona rural, tanto como ámbito residencial como laboral, pero para iso precisa boas infraestruturas de comunicación

 Os populares destacan que a loita contra o despoboamento debe ser unha prioridade para a Deputación

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.