O programa “Cine de verán” de Narón remata esta semana coa proxección das películas “Pinocho 3000” e “Donkey Xote”

As parroquias do Val e San Mateo acollerán mañá xoves e o venres, respectivamente, as dúas últimas proxeccións do programa “Cine de Verán”

A primeira cita será mañá, no Centro Cívico Social do Val, donde se poderá ver a película “Pinocho 3000”, ambientada no ano 3000 e protagonizada por un neno robot do futuro, Pinocho, que aspira a convertirse en humán e que vivirá numerosas aventuras acompañado sempre polo seu mellor amigo, o pingüino Spencer.

Na xornada do venres, día 24, o cine trasladarase á parroquia de San Mateo, concretamente á pista polideportiva, donde se proxectará “Donkey Xote”. Neste caso será un burro que quería ser cabalo, chamado Rucio, o que conte a historia de Don Quijote, destacando a súa intelixencia e paixón, do seu compañeiro, Sancho, o home máis rico do seu pobo e tamén do cabalo Rocinante, iniciando unha viaxe na que se revelará a verdadeira identidade de Dulcinea.

As proxeccións darán comezo ás 22.30 horas e será obrigatorio o cumprimento das medidas sanitarias.

O Padroado da Cultura de Narón e a Deputación da Coruña coorganizaron un ano máis esta convocatoria, que se iniciou o pasado 2 de xullo e rematará este venres. En total, na zona urbana e rural da cidade proxectaranse oito películas no marco deste ciclo de cine.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.