O PSdeG suspende os mítins na provincia de Lugo polo brote de COVID-19 na Mariña

O comité de campaña do PSdeG decidiu este domingo suspender os mítins na provincia de Lugo polos brotes de COVID-19 na Mariña

A actividade nesta provincia, na que un rebrote de coronavirus obrigou a pechar a bisbarra da Mariña, limitarase a paseos e comparecencias no territorio.

Diso deu conta o secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, ao conxunto do partido, e enmarcou esta decisión na «responsabilidade esixible nestes momentos».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.