O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, reúnese co Xeneral Xefe da Fuerza Logística Operativa, Juan Francisco Arrazola

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, reuniuse hoxe co xeneral Xefe da Fuerza Logística Operativa (FLO), Juan Francisco Arrazola Martínez, na sede de Capitanía na Coruña

A visita do reitor tiña como obxectivo manter o primeiro contacto co Xeneral logo de que este tomase posesión da súa praza. Na reunión tratáronse diversos aspectos entre eles os proxectos en común entre a Universidade da Coruña e a Fuerza Logística Operativa.

Máster en Loxística e Transporte

Un dos proxectos que se trataron na reunión foi a colaboración que a entidade de Defensa mantén coa UDC para a docencia do Máster en Loxística e Transporte que se imparte no Campus de Ferrol. O reitor e o xeneral asinaron recentemente o convenio de colaboración que ratifica a participación do persoal da FLO para impartir clases e realizar xornadas nas que aportar os coñecementos específicos e as experiencias prácticas adquiridas no exercicio das súas funcións profesionais.

O acordo ao que se chegou inclúe así mesmo a realización de xornadas informativas en instalacións militares, preferentemente nas que se ubica o Cuartel General da FLO para os participantes no Máster en Loxística e Transporte. O convenio asume ademais outras formas de colaboración como o asesoramento mutuo científico e técnico relacionado co obxecto do máster, entre outros aspectos. Ademais, a Universidade ofertará cando menos unha praza do Máster ao persoal do Ministerio de Defensa.

A Universidade da Coruña ofrece o Máster en Loxística e Transporte de 65 créditos ECTS nas instalacións do Campus de Ferrol. Este máster propio, do departamento de Enxeñaría Naval e Industrial, está codirixido polos profesores Luis Carral Couce, da área de Construcións Navais na Escola Politécnica Superior, e Alfonso Orro Arcay, profesor da área de Enxeñaría e Infraestrutura dos Transportes da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, así como polo enxeñeiro naval Vicente Irisarri, que foi, entre outros cargos, presidente de Portos de Galicia. O Máster en Loxística e Transporte conta coa colaboración da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao. O título propio está estruturado en varios módulos: Transporte de mercadorías, Loxística e xestión da cadea de subministro, e A empresa de transporte e servizos loxísticos. Inclúe prácticas profesionais e a realización dun Traballo de Fin de Máster. Ofrécense un máximo de 25 prazas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.