Oleiros organiza unha viaxe de fin de curso ás Cíes para todo o alumnado de 4º da ESO

A pandemia do coronavirus castigou especialmente á xuventude. O confinamento e a posterior “nova normalidade” impediu a convivencia habitual: nin clases, nin actividades deportivas, nin festas, nin reunións… nin tampouco excursións de fin de curso

O Concello de Oleiros subvenciona anualmente as actividades dos centros de ensino público con 70.000 euros e tamén financia as actividades das ANPA con 65.000 euros. Parte deses fondos destínanse ás excursións de fin de curso para as que o Concello aporta 70 euros por cada alumno/a.

Por estes motivos, para que os 252 rapaces e rapazas que finalizan o ensino obrigatorio non se vexan impedidos de facer unha excursión de fin de curso e despedirse como se merecen, o Concello vai programar unha viaxe dun día ás Illas Cíes para todo o alumando de 4º da ESO dos centros de ensino. Será a última fin de semana de agosto, con todo incluído, e estará financiada integramente polo Concello, para que ningún mozo ou moza quede sen participar por cuestións económicas.

As persoas interesadas en participar nesta viaxe de fin de curso poden informarse na Fábrica, enviar un correo electrónico a ensino@oleiros.org ou chamar ao teléfono 981610000.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.